Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



Chega a tuna cantando!



Que tal de novo?
Hoxe imos seguir compartindo algo novo porque eu sígome a sorprender das “reliquias” que atopo pola casa; esta vez foi a capa de tuno que fora usada no festival de zarzuela e teño que dicir que está en perfecto estado de conservación. Hai que valorar o traballo e agradecer ás nais e familiares das participantes por facer de modistas e poñer todo o seu empeño na elaboración das diversas vestimentas que se luciron no festival. Todo iso, parece que non, pero foi grazas a cooperación e unión que había entre todas as persoas envoltas neste proxecto. 

A capa de tuno hoxe en día, recén lavadiña e lista para ser gardada no baúl dos recordos de novo.

O festival de zarzuela foi idea do mestre Prudencio Romo e foi preparado con moito tino e traballo intenso, non pensedes que un espectáculo así se montou dunha hora para a outra. Na nosa banda non había suficientes rapazas para cantar e facer coros, así que houbo que chamar a unhas cantas que nada tiñan que ver coa nosa formación e as que aceptaron tiveron que pasar con nós numerosas horas de ensaios. Tamén se tivo que improvisar unha orquesta de acompañamento e de cada corda foron só uns cantos músicos ós  cales acompañamos as dúas mulleres que non quixemos saber nada do tema de cantar; o espazo era reducido e non pudo tocar toda a banda por estar o escenario totalmente ocupado.
O mestre Prudencio presentando o festival.


Tamén hai que agradecer a cooperación de Juanjo,  quen era naqueles días o cantante da orquesta “Gran Parada”, o cal cantou varias pezas tanto a dúo como en solitario acompañado polo coro xeral.

Juanjo e coros


A posta en escea foi finalmente o 27 de xuño do ano 1980 despois de horas de ensaio e de moitos preparativos. Temos que dicir que foi un exitazo porque o CCD estaba afastado de xente, iso pódese ver nas numerosas fotos daquel día; ós da orquesta, o público case se nos botaban enriba, estabamos cabeza con cabeza pouco menos!

A orquesta dirixida por Francisco Ces.

Como xa dixen, as nais e familiares de todas as rapazas tamén xogaron un papel vital porque alá entre bambalinas elas foron as que axudaron no cambio de vestuario entre canción e canción…e tiñan que andar polo aire nada menos! 

Vaia esta homenaxe  por aqueles días de groria que se vivían no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña e pola xente emprendedora que tanto fixo brilar a nosa parroquia. 

 Nestas fotos vedes ás rapazas lucindo as capas de tuno mentres cantaban "Estudiantina portuguesa".

 
Para a vosa comodidade, neste vídeo podedes ver todas as fotos deste festival de zarzuela que xa foron publicadas nunha entrada antigua.





Que tempos aqueles! Precisamente desde este blog queremos que se manteñan na memoria de todos. Grazas pola vosa visita!
Ata a próxima! Unha aperta a todos!

CH