Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!


31 mayo 2017

Máis lembranzas!



Un saúdo a todos!
Xa pasaron uns meses desde a última entrada que se fixo no noso blog. Hoxe voltamos cun par de novas reliquias atopadas nun currucho da miña casa onde nin me imaxinaba que poideran estar. Un folleto é dun festival no CCD no mes de decembro (no 1981 parece que foi) no que cooperou a coral de Noia con nós; outro daqueles exitosos festivais que se celebraban a miúdo nos locais do centro cultural.




Tamén vos mostramos unha peza chamada “Canto de los remeros del Volga”; co profesor España fora cando a tocamos alá polo ano 1978; asociada a esta peza teño unha anécdota que lembro persoalmente; despois de tocar esta pequena obra nun pobo que xa non recordo o nome, non houbera nin unha sola alma que aplaudise! Imaxino que non lle gustou a ninguén e responderon desta maneira tan pouco amable. A verdade sexa dita, non foi unha peza moi adecuada para tocar nunha romería á hora do concerto matinal e, de feito, non se volveu a incluir no repertorio.



Agora tamén me veu á memoria un día que non había moita xente á hora dun concerto do mediodía pero por suposto, había que cumplir co contrato e tocar igualmente; a Prudencio ocorríraselle que podiamos aproveitar para ensaiar un pouco (creo que era “La del Soto del Parral”) porque total aínda que metésemos a pata nin se ían enterar; lembro que o pasara moi ben; este detalle quedoume grabado.

Fai un meses anunciouse que se faría unha homenaxe a Sr. Manolo o Pinchudo pero non chegou a formalizarse esta reunión. Se temos máis detalles no futuro, xa volo anunciaremos.

Isto é todo por hoxe. Grazas por visitar o noso blog. Unha aperta! 


08 diciembre 2016

Estamos de aniversario!

Moi boas a todos!

Decir que un día como hoxe fai 39 anos dabamos o primeiro concerto das nosas vidas. Seguro que a todos nos quedou un recordo daquel día; polo menos ós máis nostálxicos atreveríame a asegurar que si.

Nos nosos comentarios xa falamos dalgúns detalles que aconteceron naquela mañá. A que moitos se lembran de que así como empezamos a tocar se empezou a abrir amodiño o telón? Diante dun público que asistíu masivamente ó Centro Cultural para vernos, alí aparecemos uns músicos ben noviños que fomos o orgullo de todo un pobo.

Grazas pola visita ó noso blog e por recordar con nós.

Aquí vos deixamos estas fotos daquel 8 de decembro do 1977.

Nós en plena actuación.

O público, cantas caras coñecidas! Que gusto dá recordalos a todos!

29 noviembre 2016

23 noviembre 2016

Celebrando o 22 de novembro

Aquí de novo para traervos máis fotos da homenaxe de onte.

Desde este blog queremos agradecer á asociación BARBANTIA a súa atención e o detalle de invitarnos a poñer a parte musical a este evento. Por suposto, mil grazas a todos os músicos que participaron, tanto ós antigos compoñentes da banda infantil de Taragoña, como ós das agrupacións musicais de Rianxo e Boiro que tamén nos acompañaron.

Unhas fotiños antes de empezar a función!









Fotos da actuación.








O noso compañeiro Bandín coa súa obra persoal tallada á man representando a Santa Cecilia; foi traída especialmente para lucir neste evento.
 
O profesor descobre a peza de arte feita para el polo artista Che Tembra.



E para rematar, Ana co profesor España nesta foto sacada por unha servidora porque ela foi a que fixo de fotógrafo para a banda no curso da nosa actuación. Graciñas, Ana, pola túa cooperación.

Na portada do periódico "La Voz de Galicia".


Este é un vídeo que resume o evento de onte. Esperamos que vos guste!




ENLACE ó periódico La Voz de Galicia para os que queirades ver as imaxes que publicaron:

http://www.lavozdegalicia.es/album/barbanza/2016/11/24/homenaje-barbantia-jose-ramon-espana-casa-pachin/01101479920201885903730.htm


Un saúdo a todos e grazas de novo por visitar o noso blog!



22 noviembre 2016

Día dos músicos

Hoxe tivemos o concerto homenaxe ó profesor España organizado pola asociación BARBANTIA e por agora aquí vos deixamos estas fotos porque xa é un pouco tarde pero estade atentos porque haberá máis.

Feliz día de Santa Cecilia a todos, feliz día dos músicos!

O homenaxeado profesor España



Nós, os músicos, encantados de participar neste acto.


Boas noites a todos! Esperamos que sigades visitando o noso blog.

17 noviembre 2016

Imos de homenaxe!

ANUNCIO



Un saúdo a todos!
Queremos comentar que fomos invitados a participar nunha homenaxe que a asociación BARBANTIA lle fai facer ó profesor José España Lorenzo. Comentáronlles a algúns dos compañeiros da banda infantil de Taragoña se se podería reunir a compoñentes desta nosa banda para tocar unhas pezas o vindeiro día 22 de novembro nun acto que se vai celebrar en Casa Pachín ás 8 da noite. A verdade é que xa vedes que foi todo notificado con moi pouca antelación.

Desde este blog dirixímonos a todos os que un día foron músicos da nosa banda para que saibades desta homenaxe, non queremos que ninguén quede sen saber sobre esta noticia.

Os que queiran vir tocar este día 22, xa sabedes, sodes benvidos como sempre. Hoxe xoves 17 tivemos un ensaio-reunión ás 5 da tarde nos locais do Centro Cultural de Taragoña e haberá outro ensaio o luns día 21 ás 7 e media da tarde neste mesmo local.

As pezas que se planea tocar son:
Ponteareas
Churrusqueira
Lugo-Ferrol

Será un pracer contar con todos aqueles que estean interesados en participar neste acto.

Unha aperta agarimosa a todos!


Engadimos unhas fotos dos días de ensaio.
O caixón das partituras que nos acompañou a todas partes, e que tamén facía de palestra, hoxe pousado no salón de actos no local do CCD.

13 octubre 2016

Chega a tuna cantando!



Que tal de novo?
Hoxe imos seguir compartindo algo novo porque eu sígome a sorprender das “reliquias” que atopo pola casa; esta vez foi a capa de tuno que fora usada no festival de zarzuela e teño que dicir que está en perfecto estado de conservación. Hai que valorar o traballo e agradecer ás nais e familiares das participantes por facer de modistas e poñer todo o seu empeño na elaboración das diversas vestimentas que se luciron no festival. Todo iso, parece que non, pero foi grazas a cooperación e unión que había entre todas as persoas envoltas neste proxecto. 

A capa de tuno hoxe en día, recén lavadiña e lista para ser gardada no baúl dos recordos de novo.

O festival de zarzuela foi idea do mestre Prudencio Romo e foi preparado con moito tino e traballo intenso, non pensedes que un espectáculo así se montou dunha hora para a outra. Na nosa banda non había suficientes rapazas para cantar e facer coros, así que houbo que chamar a unhas cantas que nada tiñan que ver coa nosa formación e as que aceptaron tiveron que pasar con nós numerosas horas de ensaios. Tamén se tivo que improvisar unha orquesta de acompañamento e de cada corda foron só uns cantos músicos ós  cales acompañamos as dúas mulleres que non quixemos saber nada do tema de cantar; o espazo era reducido e non pudo tocar toda a banda por estar o escenario totalmente ocupado.
O mestre Prudencio presentando o festival.


Tamén hai que agradecer a cooperación de Juanjo,  quen era naqueles días o cantante da orquesta “Gran Parada”, o cal cantou varias pezas tanto a dúo como en solitario acompañado polo coro xeral.

Juanjo e coros


A posta en escea foi finalmente o 27 de xuño do ano 1980 despois de horas de ensaio e de moitos preparativos. Temos que dicir que foi un exitazo porque o CCD estaba afastado de xente, iso pódese ver nas numerosas fotos daquel día; ós da orquesta, o público case se nos botaban enriba, estabamos cabeza con cabeza pouco menos!

A orquesta dirixida por Francisco Ces.

Como xa dixen, as nais e familiares de todas as rapazas tamén xogaron un papel vital porque alá entre bambalinas elas foron as que axudaron no cambio de vestuario entre canción e canción…e tiñan que andar polo aire nada menos! 

Vaia esta homenaxe  por aqueles días de groria que se vivían no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña e pola xente emprendedora que tanto fixo brilar a nosa parroquia. 

 Nestas fotos vedes ás rapazas lucindo as capas de tuno mentres cantaban "Estudiantina portuguesa".

 
Para a vosa comodidade, neste vídeo podedes ver todas as fotos deste festival de zarzuela que xa foron publicadas nunha entrada antigua.





Que tempos aqueles! Precisamente desde este blog queremos que se manteñan na memoria de todos. Grazas pola vosa visita!
Ata a próxima! Unha aperta a todos!

CH